Español|Galego

 

Para manter unha comunicación viva co cliente ademais da consulta web por parte do cliente, o sistema de avisos conta cun procesador de respostas automatizadas. A través de modelos predefinidos de resposta, envíanse e-mails aos clientes coa información do estado do seu aviso. Estas mensaxes tamén se envían aos grupos e persoal asignados aos avisos para mellorar o control das tarefas.

Ao acceder ao sistema, cada usuario do persoal disporá dunha vista dos avisos pendentes, o seu estado e das operacións que require así como alertas para a súa Intranet Corporativa.

 

A creación de avisos pódese realizar desde a propia interface web a través dun formulario e tamén vía e-mail por parte do cliente. Cando se reporten mediante chamada telefónica ou outros medios, o persoal encargado dos avisos tamén poderá crealos desde o seu acceso á plataforma. Os clientes poderán consultar o estado dos avisos a través da web. Disporase de acceso en consulta do estado e procesos do aviso. Terá acceso a ficheiros adxuntos relevantes e relacionados co aviso (como documentos técnicos, manuais, ou facturas para imprimir, por exemplo) que serán incluídos no ticket polo persoal. Poderanse realizar consultas por parte dos clientes respecto a todos os seus avisos e os datos relacionados con eles. Para manter a confidencialidade dalgúns datos e procesos internos, os avisos dispoñen dun apartado de notas internas, que non se mostrarán aos clientes nin poderán ser consultadas salvo polo persoal con permiso para iso.

Xestión de Incidencias

Unha rápida e correcta xestión de incidencias é clave para achegar calidade e obter a satisfacción do cliente. O sistema conta cunha interface web, accesible desde calquera computador que dispoña dun navegador e conexión a internet.

picture

O acceso á plataforma, conta cun sistema de autenticación de usuarios, con acceso para clientes e acceso do persoal e administradores por separado. Disponse dun sistema administrado por niveis, baseado en grupos e departamentos para controlar e separar o tratamento dos avisos segundo a quen estea asignado. Esta asignación é dinámica, permite aos diferentes departamentos, grupos e persoal, transferir os avisos entre eles, mantendo a trazabilidade en todos os pasos.