Sistema de Creación de Cursos.- Incluíndo todo o necesario para a xestión dun curso e a súa avaliación, matrículas, materiais, leccións, calendario de curso, cuestionarios, enquisas, etc.
Sistemas Interactivos de Aprendizaxe.- Con moitas ferramentas para facer máis fácil e mellor a aprendizaxe: pizarra interactiva, glosarios, módulo de quiz ou preguntas interactivas, etc.
Sistemas de Comunicación e Comunidade.- Destaca aquí especialmente a integración con redes sociais, forum, blogs, chats, espazos wiki, etc. Todo o necesario para integrar a aprendizaxe máis facilmente na organización.
Sistema de Xestión.- Inclúense unha gran capacidade de xestión por roles (profesor, alumno, titor, xefe de estudos, etc.), exportación e importación de contidos (Mediante Estándares como SCORM) e adaptación e integración con outros sistemas.
3.14 proporciona experiencia e innovación para aproveitar todo o potencial do e-learning e conventir a plataforma e-lerning nun xerador de coñecemento, destrezas e actitudes. Achega a experiencia en plataformas como Moodle con implantacións en empresas e organismos e innovación cara ás novas formas de comunicación, como a integración de redes sociais e formación, a creación de comunidades de aprendizaxe e a integración con outras ferramentas como blogs ou buscadores para o fomento e a canalización da aprendizaxe informal.
Os sistemas de e-learning que implementamos teñen múltiples funcionalidades e posibilidades, as máis características son:
Os sistemas de e-learning (aprendizaxe en liña) son ferramentas para mellorar o coñecemento, as destrezas e as actitudes dentro dunha organización. O e-learning ten un alto potencial cando é executado correctamente. Para isto é necesario non só unha boa ferramenta informática senón unha correcta estratexia, deseño, desenvolvemento, comunicación e avaliación.