3.14 Financial Contents achega unha gran experiencia en servizos e-Business e desenvolvementos de Portais Web. Desde a realización dunha sinxela páxina web ata sistemas avanzados de comunicación e xestión, proxectos sempre realizados coa máxima profesionalidade e coa garantía de aplicar as últimas innovacións. Proporcionamos solucións de Portais Web, Xestión de Incidencias, Comercio Electrónico, Intranet Corporativa e e-Learning.
O sistema modular de promoción exterior de 3.14 permítelle crear o seu portal web multilingüe, dalo a coñecer logrando o seu posicionamento nos principais buscadores así como a planificación de medios internacionais
A plataforma de comercio electrónico de 3.14 permite ofertar os seus produtos ou servizos en novos mercados abertos a millóns de usuarios en Internet, idóneo para o crecemento do seu negocio.
Unha rápida e correcta xestión de incidencias é clave para achegar calidade e obter satisfacción do cliente.
Unha intranet é unha rede interna de información para que os integrantes da empresa ou organización poidan realizar as tarefas con maior eficiencia e eficacia.
Os sistemas de e-learning (aprendizaxe en liña) son ferramentas para mellorar o coñecemento, as destrezas e as aptitudes dentro dunha organización