Mensaxería Financeira
COMUNICACIÓNS EN PLATAFORMAS DE TRANSACCIÓNS FINANCEIRAS
Se a súa empresa prové ou planea prover servizos de intermediación financeira aos seus clientes enfrontouse á decisión de elixir que tecnoloxía empregar e que técnicas de comunicación contratar para xestionar as transaccións e a información que prové aos seus clientes.
Se quere obter unha solución robusta, rápida e que lle facilite a comunicación cos mercados conte coa solución SmartFix ® de 3.14 Financial que ademais é inmellorable para aproveitar ao máximo os seus recursos. SmartFix ® utiliza os mellores sistemas de comunicación do mercado: o protocolo FIX de mensaxería financeira, apoiado por todos os grupos inversores, as bolsas importantes, e os Market-Maker máis prestixiosos, FIX é sen dúbida o protocolo máis eficiente da súa clase.
Con maior rapidez, menor ancho de banda e máis seguridade que outras solucións, Smartfix® permítelle comunicarse con máis clientes ao mesmo tempo e con total integridade de datos. Os servidores de alta dispoñibilidade, especialmente deseñados para traballar en sistemas críticos, permiten que os clientes poidan confiar totalmente nos datos que lles chegan e só se teñan que concentrar nos seus investimentos. As nosas aplicacións e servidores baseados neste protocolo sitúannos á cabeza da tecnoloxía financeira.
Calidade 3.14
- Reduce o custo de mantemento.
- Facilita a conexión con outras áreas de tecnoloxía.
- Utiliza estándares que facilitan a conexión con outras empresas ou provedores.
- Permite reducir o custo de novas versións e actualizacións.
