3.14 Financial > Produtos

Portais web multilingües

Cada día aumenta a nosa integración nunha sociedade globalizada, con Internet como máximo expoñente. Ábrense ante nós novos mercados e novas oportunidades de negocio que non podemos deixar pasar. A nosa páxina web é a porta de acceso a eses mercados. Só hai unha barreira para entrar no mercado global: o idioma. Se queremos conseguir novos clientes, temos que ser capaces de comunicarnos na súa lingua. É fundamental dispoñer dun portal multilingüe para abrirnos aos novos mercados.

Crear un portal web multilingüe da forma tradicional é un proceso longo e complexo. Implica a duplicación de contidos e de traballo de forma manual, polo que a posibilidade de que se cometan erros é máxima. O noso produto permite a creación de portais web multilingüe dunha forma sinxela, cómoda e libre de erros. O uso de XML para etiquetar os contidos permite que o traballo se centre simplemente na tradución, eliminando a intervención manual na duplicación de contidos. Ao conseguir portais multilingüe practicamente de forma automática, aforramos tempo e diñeiro.

Promoción internacional (web multilingüe + situación en buscadores + plan de medios internacional)

Se a súa empresa fabrica un produto ou presta un servizo competitivo poida que xa se suscitara a súa venda no exterior e ata acuda a feiras internacionais para promocionalo. Tanto se é así como se aínda non tomou esa decisión, dispoñer dunha páxina web noutros idiomas é fundamental para dar a coñecer a súa empresa no exterior e para presentar unha boa imaxe ante socios ou clientes potenciais noutros países.

O sistema modular promoción exterior de 3.14 Financial permítelle crear o seu portal web multilingüe, dalo a coñecer logrando o seu posicionamento nos principais buscadores así como a planificación de medios internacionais.

A ferramenta de web multilingüe de 3.14 Financial permite crear o seu portal web noutros idiomas e de calquera nivel de complexidade dunha forma rápida, económica e da máxima calidade mediante o emprego de sistemas de etiquetaxe de contidos.

A ferramenta Media Planning de 3.14 Financial axudaralle a dar a coñecer a súa empresa no exterior, así como a realizar o seguimento das súas accións promocionais en rigoroso tempo real.

Non o dubide e descubra da potencia de internet como medio de promocionar a súa imaxe e as súas vendas.