CRM
Se vostede tamén pensa que a mellor forma de lograr o crecemento da súa empresa e aumentar as súas vendas pasa por coñecer mellor o comportamento e as necesidades dos seus clientes, a solución de CRM de 3.14 Financial axudaralle a lograr ese obxectivo.
A solución de CRM de 3.14 Financial é un sistema intelixente que grazas ao emprego de protocolos abertos e á súa integración nos sistemas da empresa, permite monitorizar en todo momento os parámetros clave das relacións cos clientes, poñendo en relevo as fortalezas e debilidades da empresa e facilitando a realización de benchmarkings con outros competidores.
A solución de CRM de 3.14 Financial combinado cos avanzados sistemas de extracción de información desenvolvidos pola empresa convérteno nunha potente ferramenta de minaría de datos que lle permitirá coñecer mellor aos seus clientes e competidores.
Calidade 3.14
- Reduce o custo de mantemento.
- Facilita a conexión con outras áreas de tecnoloxía.
- Utiliza estándares que facilitan a conexión con outras empresas ou provedores.
- Permite reducir o custo de novas versións e actualizacións.
